Co obxectivo de fomentar o coñecemento da Neurorradioloxía Intervencionista, así como a promoción e difusión dos valores asociados a ela nas súas diferentes
facianas, cumprindo deste xeito cos fins para os que foi creada, a Cátedra de Neurorradioloxía Intervencionista da USC, convoca o I Premio a Traballos de Fin de Grao sobre Neurorradioloxía Intervencionista.
DESTINATARIOS/AS
Poderán presentarse a este premio todos/as os/as estudantes de nacionalidade española que teñan defendido durante o curso académico 2020/2021 un Traballo de Fin de Grao (TFG) que tivera como tema de estudo aspectos relacionados co neurointervencionismo, e que tiveran acadado a máxima cualificación académica de sobresaliente por parte das respectivas comisións.
PREMIO
Outorgarase un único premio en metálico de 500€ para o traballo gañador que irá acompañado do correspondente diploma acreditativo.
De haber máis de un/unha gañador/a o importe do premio repartiríase en partes iguais.
No caso de que o xurado considere que ningún dos traballos presentados acada un nivel axeitado podería declararse deserto o premio.
SOLICITUDES
As persoas interesadas en participar no presente premio deberán presentar a súa solicitude na sede electrónica da universidade:
https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm
indicando en asunto I Premio a Traballos Fin de Grao sobre Neurorradioloxía Intervencionista
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación abrirase ao día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro electrónico da USC e pecharase o 15 de outubro do presente ano de 2021.