Convocatoria I Premio de Investigación Fernando Viñuela sobre Neurorradioloxía Intervencionista

Convocatoria I Premio de Investigación Fernando Viñuela sobre Neurorradioloxía Intervencionista

by SilanAdmin

Co obxectivo de fomentar o coñecemento da Neurorradioloxia Intervencionista, así como a promoción e difusión dos valores asociados a ela nas súas diferentes facianas, cumprindo deste xeito cos fins para os que foi creada, a Cátedra de Neurorradioloxia Intervencionista da USC convoca o I Premio de Investigación Fernando Viñuela sobre Neurorradioloxia Intervencionista.

 

DESTINATARIOS/AS

Poderán presentarse a estes premios todos/as os/as investigadores/as que teñan publicado durante o derradeiro ano 2020 un traballo de investigación ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo de calquera aspecto do neurointervencionismo.

SOLICITUDES

As persoas interesadas en participar no presente premio deberán presentar a súa solicitude a través do rexistro electrónico da USC:
https://sede.usc.es/sede/publica/rexistroEntrada/solicitudes/listaxe.htm

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro electrónico da USC e pecharase sesenta días naturais despois.

 

Ampliar información >>